#FragasdoEume Trece horas despois, volve a información da Xunta, que segue a obviar que o incendio se produce nas Fragas do Eume
Fálase
#FragasdoEume O lume segue a destruír a riqueza forestal das Fragas, onde dende hai unha hora xa traballan de novo os medios aéreos. A xornada preséntase con moito menos vento, positivo para o traballo dos avións e para o propio traballo dos efectivos contra incendios. A Xunta leva 13 horas sen ofrecer datos novos,
#FragasdoEume A Xunta modifica a súa axenda oficial para este domingo; Feijóo non asistirá á Feira do Viño de Sober e a conselleira do Medio Rural tampouco se desprazará á Festa da Filloa da Baña.
#FragasdoEume O PP resposta en Twitter ás críticas do BNG polo incendio censurando que os nacionalistas culpen á Xunta
#fragasdoeume César Galdo achega un vídeo dos traballos de extinción do incendio antes de caer a noite
#fragasdoeume O BNG cre que o incendio das Fragas "evidencia que os recortes do PP na prevención e loita contra" o lume "ten gravísimas consecuencias.
#fragasdoeume. O lume xa afecta a 200 hectáreas. A conselleira do Medio Rural diríxese á zona.
Unha boa noticia deportiva no medio da tristura polo terrible lume nas Fragas do Eume. O Obradoiro dá en Fuenlabrada un paso fundamental para ficar na Liga ACB.
César Galdo (@eirexado) amosa en Twitter os labores de extinción do lume nas Fragas do Eume. Ten varios focos e está avivado polo vento do nordés.
A TVG informa a través da súa web de que o incendio das Fragas do Eume está a obrigar a desaloxar os lugares de O Coto e Vilariño e mais o mosteiro de Caaveiro.