César Galdo (@eirexado) amosa en Twitter os labores de extinción do lume nas Fragas do Eume. Ten varios focos e está avivado polo vento do nordés.
Fálase
A TVG informa a través da súa web de que o incendio das Fragas do Eume está a obrigar a desaloxar os lugares de O Coto e Vilariño e mais o mosteiro de Caaveiro.
O twiteiro @DavidTorea amosa que a inmensa columna de fume provocada polo incendio das Fragas do Eume xa cobre Pontedeume
As redes sociais énchense de referencias e imaxes do incendio nas Fragas do Eume. @eirexado amosa un foco no Forgoselo, ao carón do parque natural e de xeradores eólicos.
"Por que estou deixando Goldman Sachs". Un ex directivo do banco de investimento "decepcionado" co "ambiente tóxico" da empresa relata a súa experiencia. "Para colocar as coisas em termos simples, os interesses dos clientes continuam deixados de lado de uma maneira que a empresa continue a operar e pensar em ganhar dinheiro". No Exame
Veciños da Coruña alertan da caída de cinzas levadas polo vento do nordés, posiblemente procedentes do incendio das Fragas do Eume.
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, di que o incendio das Fragas do Eume está "a 100 metros das casas". A alerta de nivel 1 pode implicar evacuacións de vivendas.
A enorme columna de fume que desprende o "inmenso" lume nas Fragas do Eume chega ata Ferrol (foto: @xaime )
A Xunta decreta a alerta nivel 1 no incendio que afecta á máis de 20 hectáreas no entorno das fragas do Eume, concello coruñés da Capela, pola súa proximidade ás vivendas. Medio Rural sinala que están a traballar na zona 1 técnico, 3 axentes forestais, 3 brigadas, 2 motobombas, 5 helicópteros e 1 avión.
A axenda oficial da Xunta para este domingo ínzase de festas. O presidente asistirá á Feira do Viño de Sober, o director xeral de Relacións Institucionais e a delegada de Vigo, á Festa da Ostra de Soutomaior e a conselleira do Mar, á Festa da Filloa da Baña. Ademais, o Goberno galego volve incluír un acto relixioso nas súas actividades públicas: a delegada coruñesa, Belén do Campo, "participará na procesión da Borriquilla", informa a Xunta.