Serafín Otero acepta ser o candidato do BNG en Vigo para "facer o cambio desde as institucións". O secretario comarcal da CIG estará acompañado de "representantes dos movementos sociais e con experiencia".
Fálase
O TSXG rexeita un informe que acredita un enchufe de Paula Prado. O tribunal négase a ampliar os delitos que indaga e avisa a xuíza De Lara de que non busque máis.
Torres-Dulce querelarase contra o 9-N malia a oposición da fiscalía catalá. O fiscal xeral do Estado dá instrucións para presentar unha querela pola consulta alternativa convocada pola Generalitat.
O Congreso pedirá este martes que o Goberno recoñeza o Estado palestino, mais sen fixarlle prazos. PSOE e PP negocian a incorporación doutros grupos á proposta
A Comunidade de Madrid rexeita a conciliación ofrecida polos avogados de Teresa Romero en relación á demanda onde lle reclama unha indemnización ao responsable de Sanidade por "atentar gravemente" ao seu honor. Polo tanto, as partes irán a xuízo.
A Liga Estudantil Galega realizará este martes en Pontevedra un photocall feminista, dentro da súa campaña #concienciafeminista. De igual xeito, os Comités organizan en Ourense un concurso de fotografía contra a violencia machista
El Diario analiza o Portal de Transparencia previsto na Lei de Transparencia, Acceso á Información e Bo Goberno e que se porá en marcha nas vindeiras semanas. Os expertos critican a "opacidade" coa que se está a configurar este portal.
A neurocientífica galega Susana Martínez-Conde, galardoada co premio Educador Científico da Society for Neuroscience (SFN) dos Estados Unidos.
España cae dous postos no ránking de esforzo en I+D da UE, superada por Italia e Hungría, e xa ocupa o 17º lugar entre os 28 países. O investimento español en investigación caeu do 1,3% ao 1,24% del PIB, lonxe do 2,02% de media en Europa, unha media xa reducida comparada cos datos de Alemaña (2,94%), Estados Unidos (2,81%) ou Xapón (3,38%)
Televigo, que cesou as súas emisións en outubro, podería volver en 2015