Oito ciclistas atropelados en Oia por unha furgoneta, algún deles pode que mesmo afectado de gravidade. Nos últimos anos foron varias as ocasións en que se reivindicou un carril bici Vigo-A Guarda "en condicións"
Fálase
Centos de persoas maniféstanse en Vigo polo peche de camas nos hospitais durante o verán e salientan que a medida posta en marcha pola Xunta provocará un incremento das listas de espera.
Ás doce do mediodía partirá da estación de tren de Compostela a manifestación convocada polas Marchas da Dignidade. A mobilización rodeará o Parlamento para esixir "Pan, traballo e teito" e coincidirá con accións semellantes ante os restantes parlamentos do Estado.
Os veciños de Corcoesto manifestan a súa oposición a PXOM de Cabana de Bergantiños. Denuncian que se quere "eliminar a actual protección da que goza o monte de Corcoesto coa clasificación de solo rústico de protección forestal, para favorecer os intereses de multinacionais mineiras".
Os comités de empresa de Navantia na ría de Ferrol denuncian a contratación "a dedo" do maior contrato do flotel de Pemex, consistente nos traballos de habitilitación, á empresa viguesa Regenasa. Os sindicatos denuncian unha estratexia para recurtar salarios a través das subcontratas
Facenda concentra a rebaixa fiscal aprobada este venres no núcleo duro dos seus votantes: as rendas entre 33.000 e 60.000 euros, destaca Vozpópuli.
Jueces para la Democracia pon en dúbida a "constitucionalidade" do aforamento do rei para casos civís. As asociacións conservadoras de maxistrados aproban, no entanto, a proposta.
Prolingua escríbelle unha Carta aberta a Pablo Saavedra, director xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar do Ministerio de Agricultura, polo uso incorrecto da toponimia galega, "unha mostra máis da falta de respecto das institucións do Estado a Galicia". De igual xeito, A Mesa exíxelle á Xunta que "cumpra e faga cumprir a legalidade sobre a toponimia" na campaña de promoción duns trens turísticos
O PSdeG-PSOE denuncia “reincidencia no desvío de poder” por parte de Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, para beneficiar o seu home. A deputada Carmen Acuña preguntou no Parlamento pola segunda concesión de servizo de Cirurxía do CHUS, que foi de novo xulgada.
Lugo acolleu unha manifestación de apoio aos traballadores de Urbaser, que levan dez días en folga. O paro continúa, despois de que os empregados da empresa accedesen a recoller o lixo dos puntos declarados de risco sanitario e de que a empresa aceptase readmitir os despedidos.