O PSdeG-PSOE denuncia “reincidencia no desvío de poder” por parte de Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, para beneficiar o seu home. A deputada Carmen Acuña preguntou no Parlamento pola segunda concesión de servizo de Cirurxía do CHUS, que foi de novo xulgada.
Fálase
Lugo acolleu unha manifestación de apoio aos traballadores de Urbaser, que levan dez días en folga. O paro continúa, despois de que os empregados da empresa accedesen a recoller o lixo dos puntos declarados de risco sanitario e de que a empresa aceptase readmitir os despedidos.
A macroplanta acuícola de Mira necesitará unha inxección de 50 millóns de euros se Pescanova quere rescatala. A banca portuguesa só quere desprenderse desta polémica e deficitaria instalación.
O avogado lucense Jaime Alfonsín será o xefe da Casa do Rei. Leva case dúas décadas traballando con Felipe VI
Julian Assange fai dous anos recluído na embaixada de Ecuador en Londres. Nunha conferencia de prensa o fundador de Wikileaks dirixiuse a Obama e convidouno a pensar "no legado que deixará ao abandonar a Presidencia".
O Consello de Ministros aprobará este venres unha reforma fiscal centrada nun recorte xeral do IRPF que beneficiará as rendas máis altas, unha rebaixa de impostos electoralista que ademais desafía os avisos da troika
Catro de cada dez universitarios e universitarias galegas seguen sen atopar traballo dous anos despois de graduarse, segundo datos da Acsug correspondentes a 2010
A cantante Sés gaña o premio Leixaprén 2014, organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para destacar a defensa e promoción da lingua galega de persoas e entidades.
Escasa participación popular nos actos posteriores á proclamación de Felipe VI como rei. Tampouco na Praza de Oriente, onde o novo monarca saudou dende un balcón do Palacio Real.
O torques de Burela e o resto do legado de Álvaro Gil volven a Lugo. A Deputación provincial mercará por 2,3 millóns as pezas de ourivaría, que pasan a ser "patrimonio de todos os lucenses", di Besteiro.