O torques de Burela e o resto do legado de Álvaro Gil volven a Lugo. A Deputación provincial mercará por 2,3 millóns as pezas de ourivaría, que pasan a ser "patrimonio de todos os lucenses", di Besteiro.
Fálase
Felipe de Borbón xura como rei de España ante os membros das Cortes e inicia un desfile por Madrid nun percorrido blindado pola policía. Está a contalo El Diario.
O BNG de Compostela decide levar á Xustiza a nova composición do goberno local, maioritariamente formado por edís non electos
A fachada do Concello de Pontevedra vístese coas cores do arco da vella para marcar o inicio do Boavila Pride, as xornadas conmemorativas do orgullo LGTBI na cidade
O crédito cae en máis de 3.100 millóns de euros durante o primeiro trimestre en Galicia, o triple que hai un ano. É o meirande recorte do financiamento a empresas e familias en toda España.
As tropas islamistas sunís de ISIS están a só 60 quilómetros de Bagdad. O ministro de Exteriores iraquí pídelle aos Estados Unidos que realice ataques aéreos para frear o seu avance.
A Deputación de Lugo anunciará esta mañá "novidades" a respecto do legado de Álvaro Gil, a colección artística que inclúe valiosas pezas como o torques de Burela e que a familia do doador retirou do Museo Provincial lucense o pasado outubro. Besteiro e o deputado de Cultura, Mario Outeiro, anunciaranas en rolda de prensa ás 11:45.
A Policía impídelle ao fotógrafo Pedro Armestre, último premio Rey de España de Xornalismo, cubrir a coroación de Felipe de Borbón. Alegan razóns de "seguridade". En El Diario.
A Xunta non celebrará hoxe a reunión semanal do Consello por atoparse o presidente na coroación de Felipe VI en Madrid.
Imputado o alcalde de Coristanco (PP) por presunta malversación, prevaricación e tráfico de influencias. A xuíza sospeita de irregularidades na contratación de obras e en compras do Concello. En Faro de Vigo