Julian Assange fai dous anos recluído na embaixada de Ecuador en Londres. Nunha conferencia de prensa o fundador de Wikileaks dirixiuse a Obama e convidouno a pensar "no legado que deixará ao abandonar a Presidencia".
Fálase
O Consello de Ministros aprobará este venres unha reforma fiscal centrada nun recorte xeral do IRPF que beneficiará as rendas máis altas, unha rebaixa de impostos electoralista que ademais desafía os avisos da troika
Catro de cada dez universitarios e universitarias galegas seguen sen atopar traballo dous anos despois de graduarse, segundo datos da Acsug correspondentes a 2010
A cantante Sés gaña o premio Leixaprén 2014, organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para destacar a defensa e promoción da lingua galega de persoas e entidades.
Escasa participación popular nos actos posteriores á proclamación de Felipe VI como rei. Tampouco na Praza de Oriente, onde o novo monarca saudou dende un balcón do Palacio Real.
O torques de Burela e o resto do legado de Álvaro Gil volven a Lugo. A Deputación provincial mercará por 2,3 millóns as pezas de ourivaría, que pasan a ser "patrimonio de todos os lucenses", di Besteiro.
Felipe de Borbón xura como rei de España ante os membros das Cortes e inicia un desfile por Madrid nun percorrido blindado pola policía. Está a contalo El Diario.
O BNG de Compostela decide levar á Xustiza a nova composición do goberno local, maioritariamente formado por edís non electos
A fachada do Concello de Pontevedra vístese coas cores do arco da vella para marcar o inicio do Boavila Pride, as xornadas conmemorativas do orgullo LGTBI na cidade
O crédito cae en máis de 3.100 millóns de euros durante o primeiro trimestre en Galicia, o triple que hai un ano. É o meirande recorte do financiamento a empresas e familias en toda España.