Un incendio forestal queima unhas 125 hectáreas de monte raso en Manzaneda, na parroquia de Placín. Medio Rural vén de dalo por controlado (Imaxe: Brif Laza)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/58e1414aafa68-c8a4gvjxgaaoclc.jpg)
Un incendio forestal queima unhas 125 hectáreas de monte raso en Manzaneda, na parroquia de Placín. Medio Rural vén de dalo por controlado (Imaxe: Brif Laza)
Leiceaga: "A fortaleza aparente de Feijóo débese á febleza da oposición". O voceiro parlamentario do PSdeG advirte de que "en terreo enlamado" o presidente da Xunta "sempre gaña" e considera que non deben introducirse cambios na xestora galega do partido, cuxo mandato xa caducou, ata a elección dunha nova dirección. "Non vexo moitas alternativas mellores", sinalou nunha entrevista coa Cadena SER.
Ana Pontón coida que o BNG pode estar "en disposición de ser maioritario en catro anos" e "disputar a Xunta ao PP". Afirmouno nunha entrevista en RNE
O Obradoiro logra ante o Joventut unha transcendental vitoria na loita pola permanencia na ACB (82-83). Na LEB Ouro o derbi do sábado entre Marín e Breogán foi para o equipo lucense (77-99), que segue a aspirar ao ascenso directo, o Ourense impúxose ao Burgos (62-58) e o Básquet Coruña caeu ante o Oviedo (75-88). (Imaxe: Joventut)
O ministro de Asuntos Exteriores afirma que España non vetaría a entrada na UE dunha Escocia independente. Sinalouno en declaracións difundidas por The Guardian que recolle eldiario.es
Beiras, tras a última etapa electoral: "Sufrín moitas derrotas, pero esta vez sentinme vencido". Afírmao nunha ampla entrevista coa axencia Europa Press que recolle eldiario.es
O PSOE aproba o calendario do congreso e as primarias coa recolleita de avais das candidaturas como primeira batalla entre Susana Díaz, Pedro Sánchez e Patxi López
Unha asociación de circos ameaza con denunciar á Xunta se é aprobada a lei que veta o uso de animais nestes espectáculos, aínda que mantén as touradas. Cóntao Faro de Vigo
"Na Galiza, a cozinha é um assunto sério". O suplemento de lecer do xornal portugués Público dedica unha ampla reportaxe á gastronomía galega
O dicionario da RAG incorpora a busca directa de palabras polas súas formas en feminino