"Na Galiza, a cozinha é um assunto sério". O suplemento de lecer do xornal portugués Público dedica unha ampla reportaxe á gastronomía galega
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/58df65876433a-587299.jpeg)
"Na Galiza, a cozinha é um assunto sério". O suplemento de lecer do xornal portugués Público dedica unha ampla reportaxe á gastronomía galega
O dicionario da RAG incorpora a busca directa de palabras polas súas formas en feminino
Un ateigado acto cívico despide o edil do BNG en Malpica, poeta e percebeiro Paco Souto. Amizades e familiares do tamén activo membro de colectivos culturais lembraron a súa traxectoria humana e de compromiso co país.
A xuíza da Operación Zeta arquiva a investigación ao empresario Pachi de Lucas, considerado o 'conseguidor' da trama cuxo presunto líder, Gerardo Crespo, admitiu que lle abonara cantidades de cartos para facilitar relacións con políticos por ser "amigo" de Feijóo. Cóntao La Opinión de A Coruña
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia lamenta o falecemento do actor Mateo González, cuxo corpo sen vida foi recuperado do mar este venres, na contorna da Mariña da Coruña. A AAAG envíalle ás persoas achegadas ao intérprete falecido "todo o agarimo de parte de toda a familia" da profesión, "coa que se reuniu o pasado mércores na cerimonia dos María Casares".
DOCUMENTO | Red Eléctrica fai oficial a incorporación de Arsenio Fernández de Mesa ao seu consello de administración, segundo comunicou na tarde deste venres á CNMV. A empresa, participada polo Estado nun 20%, decidiu a incorporación do ex-delegado do Goberno de España en Galicia apenas dous meses despois da súa saída da dirección xeral da Garda Civil. (preme no documento para amplialo)
O Parlamento publica as declaracións de bens das deputadas e deputados da nova lexislatura e mais as declaracións iniciais e finais da pasada. A documentación pódese consultar no portal de transparencia da Cámara galega.
O Consello de Ministros aproba o Real Decreto que abre a porta á convocatoria das oposicións de educación. Ata mediados deste mes o PP e os gobernos central e galego mantiveron que para convocalas era necesario aprobar antes os Orzamentos Xerais do Estado, malia existir a fórmula que o Executivo de Rajoy aprobou hoxe.
Os premios María Casares seguen a xirar polos escenarios galegos. Letra en obras recompila a axenda para ver algunhas das obras galardoadas nos premios do teatro galego
A débeda da Xunta rematou 2016 en 10.854 millóns de euros, o maior nivel da serie histórica, e situouse no 18,7% do PIB. Consulta aquí os datos polo miúdo.