Este domingo rexistráronse pequenos incendios en distintos puntos de Galicia: Monterrei, A Estrada, Castrelo de Val, Cualedro, Pazos de Borbén, Montederramo, As Neves ou Ponteceso.
Fálase
Na Terceira estes son os marcadores:
Deportivo B 2-1 Cultural Areas
Betanzos 3-0 Laracha
Alondras 2-0 Bertamiráns
Rápido de Bouzas 0-1 Arousa
Barbadás 0-0 Grixoa
Pontevedra 1-2 Racing Vilalbés
Ordes 2-0 Dorneda
Boiro 2-2 Somozas
As Pontes 1-1 Cerceda
Negreira 3-0 ChocoSorte dispar para os equipos galegos da 2ªB. O Compostela derrotou o Coruxo 3-1 en San Lázaro, mentres que o Rácing de Ferrol caeu na Malata 1-2 ante o Logroñés. No outro derbi galego da xornada o Celta B venceu o Ourense por 1-0.
Excelente xornada para os equipos galegos da División de Prata. O Dépor derrotou o Sabadell 0-3 con dous goles do debutante Borja Bastón e ascende aos postos altos da clasificación. O Lugo venceu con autoridade o Jaén (4-2) e suma catro puntos en tres xornadas.
Stop Desahucios A Coruña celebra que ningunha das 14 familias sinaladas polo proxecto urbanístico do Parque Ofimático será desaloxada ao caducar a última das tres ordes de desafiuzamento que pesaban sobre elas. Salientan que foi "a mobilización" e a loita que mantiveron nos últimos meses.
Reiníciase o curso parlamentario coa tramitación das leis de inclusión social e de garantías sanitarias e a continuación dos traballos da comisión de investigación sobre as caixas de aforros. Ademais, a oposición buscará obrigar a Núñez Feijoo a que compareza na cámara para ofrecer explicacións sobre a política forestal da Xunta e sobre o financiamento do PPdeG e a súa relación coas revelacións de Luis Bárcenas.
Jordi Mir e Salvador López Arnal lembran en Diagonal a Francisco Fernández Buey un ano despois do seu pasamento.
O portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento, Abel Losada, enviará este luns unha carta aos dous candidatos á Secretaría Xeral dos socialistas para comunicarlles que pon o seu cargo a disposición do partido. Losada entende que "o novo responsable do partido e a súa dirección deben ter as máximas facilidades para conformar os seus equipos nesta nova etapa"
Santiago Alba Rico analiza en Cuartopoder o conflito sirio. Condena a posible intervención porque "no pretende axudar o pobo sirio e porque as súas consecuencias serían sempre contrarias á revolución tantos sirios defenderon dende o comezo".
A Casa Branca envía ao Congreso a súa solicitude de autorización para atacar Siria, como onte anunciou Obama. O Congreso regresa das vacacións o vindeiro 9 de setembro e o proxecto de resolución non contempla prazo para realizar a acción militar. Íñigo Saenz de Ugarte salienta que Obama non quere ir só á guerra.