Excelente xornada para os equipos galegos da División de Prata. O Dépor derrotou o Sabadell 0-3 con dous goles do debutante Borja Bastón e ascende aos postos altos da clasificación. O Lugo venceu con autoridade o Jaén (4-2) e suma catro puntos en tres xornadas.
