O galego perde peso en Internet. A porcentaxe da lingua galega do total de idiomas utilizados na Rede reduciuse á metade no último ano, segundo conta GCiencia.

O galego perde peso en Internet. A porcentaxe da lingua galega do total de idiomas utilizados na Rede reduciuse á metade no último ano, segundo conta GCiencia.
O Consello de Europa critica o intento de España de criminalizar Twitter. "Que un comentario sexa reprobable non o converte en criminal", asegura.
Milleiros de galegos saen ás rúas convocados por Queremos Galego nas oito manifestacións que se celebran en diferentes localidades do país. Imaxe de @BNG_comarcaAC. Máis información, hoxe en Praza.
Este 17 de maio tamén se celebra o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. En 81 países a homosexualidade está considerada un delicto e en dez deles é castigada coa pena de morte.
Interior quere que o uso de Twitter para cometer delictos teña máis castigo. Pretende que o próximo Código Penal recolla este agravante.
A RAG celebra hoxe o acto central do Día das Letras en Guitiriz ás 12 do mediodía.
O galego Gómez Noya vence en Yokohama e logra a súa terceira vitoria consecutiva nas series mundiais. O triatleta ferrolán derrotou nun sprinti ao mallorquino Mario Mola.
#europeas2014 Axenda electoral do día:
O fiscal recorre as imputacións de once ex cargos de Adif polo accidente de Angrois. Cuestiona a conclusión dos peritos sobre o ERTMS.
Vén de lanzarse a primeira web co dominio .gal. Toda a información sobre o acto de presentación e os primeiros pasos do dominio galego, esta mañá en Praza.