S&P rebaixa dous chanzos a cualificación de Galicia. A axencia Standard & Poor's baixou a cualificación a nove autonomías, entre elas Galicia, que pasou de A a BBB+.
Fálase
Baloncesto. O Breogán gaña en Menorca o primeiro partido dos play-off polo ascenso á ACB e recupera o factor cancha. O conxunto lucense venceu 64-69, o que lle dá a opción de sentenciar a eliminatoria na súa casa. O COB Ourense tamén gañou o primeiro partido do seu asalto á LEB Ouro ao Aurtenetxe (69-59).
O petroleiro que estivo 13 horas á deriva fronte á costa galega arrincou máquinas e navega sen problemas cara ao oeste. O British Osprey sufriu un fallo mecánico e estivo asistido polo buque Don Inda, de Salvamento Marítimo, durante todo o venres.
O British Osprey continúa cara ao oeste e o Don Inda, de Salvamento Marítimo, pon rumbo leste, cara á costa. O petroleiro está a case 31 millas de Corrubedo.
O British Osprey está agora a unhas 30 millas das costas de Ribeira. O buque de salvamento Don Inda asísteo a menos dunha milla de distancia.
O British Osprey, o petroleiro que estivo ao longo do día con problemas técnicos fronte ás costas galegas, desvía o seu rumbo cara ao oeste e deixa atrás ao buque de salvamento marítimo Don Inda
O petroleiro con problemas técnicos é o British Osprey. Aquí podedes seguir ao vivo a súa posición no mar. Ten bandeira británica, vai rumbo a Rotterdamn e foi construído no ano 2003.
Europa Press informa na súa web de que un petroleiro permanece á deriva a 28 millas de Corrubedo por un fallo mecánico.
O 15M chama a "encher as rúas" o vindeiro sábado 12 nunha nova xornada de manifestacións en varias cidades españolas. Representantes do colectivo compostelán estarán este sábado na Feira da Primavera do barrio de San Pedro informando das actividades previstas.
A Plataforma contra as Fumigacións realiza unha ciberacción na páxina de Facebook da Xunta enchéndoa de comentarios contra a pretensión do Goberno de permitir o uso dun produto tóxico en numerosas masas forestais do país.