Abel Caballero descarta a Carmela Silva como candidata do PSdeG-PSOE á Xunta e, de paso, descártase tamén a si mesmo: "Son alcalde de Vigo, levo nove anos e non me movo de aquí nin con lanzachamas"
Fálase
O histórico edificio do Centro Galego da Habana acollerá os vindeiros 27 e 28 de maio o undécimo plenario do Consello das Comunidades Galegas, órgano de representación dos galegos e galegas espalladas por todo o mundo, que se reúne cada tres anos.
El País destaca que baróns do PSOE buscan aprazar o congreso da formación, previsto para maio, nun intento de conter a loita interna
Cuac FM celebra este 27 de marzo o 20 aniversario da súa primeira emisión. Aquel día de 1996 a TVG recollía a inauguración da radio, apoiada pola Universidade da Coruña
A CNMV apoia a dúas xubiladas galegas na súa loita co Banco Popular polos seus bonos convertibles. O regulador bursátil recoñece que, neste caso concreto, non está demostrado que a entidade informase axeitadamente dos riscos da emisión deste produto complexo.
As amplas vitorias de Bernie Sanders nas primarias demócratas en Washington, Alaska e Hawaii manteñen aberta unha elección na que Clinton mantén, con todo, unha clara vantaxe.
O ex presidente José Luis Rodríguez Zapatero, entrevistado en La Vanguardia, sinala que a "saída" ao conflito político en Catalunya podería ser "volver ao Estatut anterior á sentenza” do Tribunal Constitucional, que en 2010 anulou parte do seu contido. “Catalunya, comunidade nacional, esa podería ser unha solución de consenso”, destaca
Este domingo manterase a alerta laranxa na costa e a amarela -por vento- nas provincias da Coruña e Lugo, zona oriental de Ourense e interior de Pontevedra.
Jordi Évole entrevistará a Mariano Rajoy o vindeiro 3 de abril no regreso de Salvados
Unha concentración nas Pontes serviu esta mañá para amosar a repulsa cidadá contra a violencia machista, tralo intento de asasinato dunha muller a cargo do seu ex-home, o pasado xoves.