Cuac FM celebra este 27 de marzo o 20 aniversario da súa primeira emisión. Aquel día de 1996 a TVG recollía a inauguración da radio, apoiada pola Universidade da Coruña
Fálase
A CNMV apoia a dúas xubiladas galegas na súa loita co Banco Popular polos seus bonos convertibles. O regulador bursátil recoñece que, neste caso concreto, non está demostrado que a entidade informase axeitadamente dos riscos da emisión deste produto complexo.
As amplas vitorias de Bernie Sanders nas primarias demócratas en Washington, Alaska e Hawaii manteñen aberta unha elección na que Clinton mantén, con todo, unha clara vantaxe.
O ex presidente José Luis Rodríguez Zapatero, entrevistado en La Vanguardia, sinala que a "saída" ao conflito político en Catalunya podería ser "volver ao Estatut anterior á sentenza” do Tribunal Constitucional, que en 2010 anulou parte do seu contido. “Catalunya, comunidade nacional, esa podería ser unha solución de consenso”, destaca
Este domingo manterase a alerta laranxa na costa e a amarela -por vento- nas provincias da Coruña e Lugo, zona oriental de Ourense e interior de Pontevedra.
Jordi Évole entrevistará a Mariano Rajoy o vindeiro 3 de abril no regreso de Salvados
Unha concentración nas Pontes serviu esta mañá para amosar a repulsa cidadá contra a violencia machista, tralo intento de asasinato dunha muller a cargo do seu ex-home, o pasado xoves.
Un atentado suicida, reivindicado por ISIS, provoca 40 mortes nun campo de fútbol en Irak. A explosión produciuse durante a entrega de trofeos dun torneo amateur.
El Diario relata a loita de mulleres índixenas contra a presenza de petroleiras chinesas en Ecuador, ás que o Goberno lles concedeu autorización para a exploración de máis terreos na Amazonía sur do país
Alberto Garzón aposta por construír un "movemento político e social" que vaia "máis alá de Izquierda Unida" e que estea centrado nos conflitos sociais