Alberto Garzón aposta por construír un "movemento político e social" que vaia "máis alá de Izquierda Unida" e que estea centrado nos conflitos sociais
Fálase
Detido o ex marido da muller que foi tiroteada este xoves nas Pontes, como presunto autor dos disparos. A muller, que foi ingresada no hospital, xa recibiu a alta e presentou a correspondente denuncia.
Bélxica anuncia o envío de cazas F-16 para bombardear posicións de ISIS en Siria e Irak
Praza Pública non se actualiza este venres por descanso do persoal. Lémonos o sábado!
Bélxica confirma os vínculos do terrorista suicida Khalid El Bakraoui cos atentados de París. O home que se inmolou no metro alegou unha vivenda en Charleroi, un dos lugares onde se prepararon as matanzas da capital francesa.
O ex presidente Karadžic, condenado polo xenocidio de Srebrenica e por crimes contra a humanidade. O Tribunal Penal Internacional para a antigua Iugoslavia condénao a 40 anos de cadea.
Os concellos "do cambio" distáncianse da Semana Santa. A Coruña, Ferrol e Compostela introducen cambios que amolan o PP, segundo destaca unha reportaxe en eldiario.es.
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias reuniranse o vindeiro mércores á procura dun pacto de goberno. Aseguran, tras falar media hora por teléfono, ter a "firme vontade" de evitar novas eleccións.
Minutos de silencio lembran en diversas institucións públicas as vítimas dos atentados de Bruxelas. Na imaxe, a concentración do Parlamento de Galicia.
A policía identifica os tres terroristas dos atentados de Bruxelas. Os kamikazes do aeroporto son dous irmáns belgas fichados pola policía por delitos comúns. O outro está en busca e captura.