Un terremoto de 7,8 graos en Manabí, na zona costeira de Ecuador, provoca cando menos 77 mortos e un milleiro de feridos. É o terremoto máis forte rexistrado no país nos últimos 37 anos.

Un terremoto de 7,8 graos en Manabí, na zona costeira de Ecuador, provoca cando menos 77 mortos e un milleiro de feridos. É o terremoto máis forte rexistrado no país nos últimos 37 anos.
A Xunta pechou o 2015 con 750 millóns en facturas pendentes de aboar. Supón un 13% máis que en 2014. Case 119 millones son facturas que gardou no caixón e non incluíu nos orzamentos
149.513 persoas votaron na consulta convocada por Podemos sobre as dúas opcións que o partido pode adoptar ante a investidura. Supón o récord de participación neste tipo de procesos na formación morada, e supera tamén amplamente as 96 mil persoas que votaron na consulta convocada polo PSOE entre a súa militancia en febreiro.
Pobra de Trives acolleu este sábado a xornada “As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña”, organizada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa. A eurodeputada Lidia Senra reclamou a necesidade de "aplicar políticas específicas para a montaña", sendo "compatible" a protección do medio ambiente e o desenvolvemento da agricultura e a gandaría.
O BNG denuncia con actos simbólicos na Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Santiago a "vergoñenta" política da UE cos refuxiados e pide a "anulación inmediata" do acordo con Turquía.
Abel Caballero afirma que Feijóo amosa "tics antidemocráticos moi serios" por non desvelar a data das eleccións ao Parlamento galego
O Papa Francisco anuncia que levará 12 refuxiados/as sirios da Illa de Lesbos, que visitou este sábado, para acollelos no Vaticano. En Lesbos hai 4.200 refuxiados/as, e uns 46.200 en toda Grecia.
A CUT denuncia o ERE presentado por Citroën na súa planta de Vigo por incluír "excedencias fraudulentas"
Pedro Sánchez afirma que "Soria lle amosou o camiño a Rajoy" e pídelle a Podemos que apoie o goberno de PSOE e Ciudadanos para expulsar o PP do poder. Rajoy responde afirmando que se "alegra" de que o pacto PSOE-Podemos "non teña futuro" a pesar da "actitude mendicante de Sánchez"
Breogán, Básquet Coruña e Ourense Baloncesto xogarán os play-off de ascenso da LEB Ouro. A partir da vindeira fin de semana, lucenses e coruñeses enfrontaranse entre si e os ourensáns -clasificados na derradeira xornada e xa ascendidos- xogarán contra o Burgos