O BNG denuncia con actos simbólicos na Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Santiago a "vergoñenta" política da UE cos refuxiados e pide a "anulación inmediata" do acordo con Turquía.
Fálase
- PublicidadePublicidade
Abel Caballero afirma que Feijóo amosa "tics antidemocráticos moi serios" por non desvelar a data das eleccións ao Parlamento galego
- PublicidadePublicidade
O Papa Francisco anuncia que levará 12 refuxiados/as sirios da Illa de Lesbos, que visitou este sábado, para acollelos no Vaticano. En Lesbos hai 4.200 refuxiados/as, e uns 46.200 en toda Grecia.
- PublicidadePublicidade
A CUT denuncia o ERE presentado por Citroën na súa planta de Vigo por incluír "excedencias fraudulentas"
- PublicidadePublicidade
Pedro Sánchez afirma que "Soria lle amosou o camiño a Rajoy" e pídelle a Podemos que apoie o goberno de PSOE e Ciudadanos para expulsar o PP do poder. Rajoy responde afirmando que se "alegra" de que o pacto PSOE-Podemos "non teña futuro" a pesar da "actitude mendicante de Sánchez"
- PublicidadePublicidade
Breogán, Básquet Coruña e Ourense Baloncesto xogarán os play-off de ascenso da LEB Ouro. A partir da vindeira fin de semana, lucenses e coruñeses enfrontaranse entre si e os ourensáns -clasificados na derradeira xornada e xa ascendidos- xogarán contra o Burgos
- PublicidadePublicidade
O beneficio de Audasa dispárase ata os 45 millóns de euros en 2015, un 57% máis que o ano anterior. Os seus ingresos por peaxes creceron un 5,5%
- PublicidadePublicidade
A Xunta reclama unha compensación de 125 millóns a Facenda por cumprir co límite de déficit. O Ministerio di que negociará coas autonomías onde recortar o gasto e propón crear un comité de expertos para estudar a reforma do financiamento territorial
- PublicidadePublicidade
Guerra entre Fiscalía e Interior polo informe de Podemos e o chivatazo sobre Manos Limpias. A Audiencia Nacional persegue a filtración que intentou "frustrar" a investigación ao pseudosindicato e que obrigou a adiantar a operación. A Fiscalía apunta como orixe da filtración ao Ministerio, molesto pola negativa do órgano xudicial a investigar o informe sobre o financiamento de Podemos.
- PublicidadePublicidade
O Consello de Ministros aprobou este venres o decreto de cesións de prezos lácteos, que obriga a industria a informar a canto merca o leite aos gandeiros e a canto a vende á distribución. A conselleira de Medio Rural destaca que saberá "quen cumpre e quen non" o acordo lácteo e se gañará en transparencia
- PublicidadePublicidade