O Consello de Ministros aprobou este venres o decreto de cesións de prezos lácteos, que obriga a industria a informar a canto merca o leite aos gandeiros e a canto a vende á distribución. A conselleira de Medio Rural destaca que saberá "quen cumpre e quen non" o acordo lácteo e se gañará en transparencia
Fálase
Rajoy recibirá a Puigdemont na Moncloa o vindeiro mércores. O presidente en funcións di que a xuntanza non terá unha orde do día fixada e que estará "coma sempre aberto a escoitar"
En Marea vén de presentar unha proposición non de lei no Congreso para paralizar a actividade da planta de Reganosa, en Mugardos, e desmantelar esta instalación, cuxa autorización previa foi anulada a pasada semana polo Tribunal Supremo en sentenza firme. O Goberno en funcións ten un máximo de dous meses para conceder unha nova autorización ou decretar a paralización da regasificadora.
O Goberno en función aproba un recorte de gasto público de 2.000 millóns, por mor da desviación do déficit, que pechou 2015 no 5% do PIB, por riba do 4,2% comprometido.
Praza Pública celebra este serán o seu cuarto aniversario cunha festa en Compostela coa comunidade que apoia o xornal
A UDEF detivo esta mañá o secretario xeral de Manos Limpias, Miguel Bernard, acusado dun presunto delito de extorsión, organización criminal, fraude contra a facenda pública, falsidade documental e fraude en subvencións. Ao longo do día a policía deterá outros integrantes da organización, da que ten "constancia" de que incorreu en prácticas de extorsión ao presentar querelas contra persoas, empresas e institucións para logo cobrar por retirar as accións xurídicas emprendidas.
José Manuel Soria dimite pola súa implicación nos papeis de Panamá. Nas últimas horas os medios xa anticipaban que o PP deixaría caer o responsable de Industria, ante a acumulación de falsidades. Xa se anunciara que este venres non acudiría ao Consello de Ministros
O Parlamento europeo aprobou este xoves -cos votos a favor de PP, PSOE e Ciudadanos- a directiva Trade Secrets, que protexerá as empresas ante as filtracións publicadas en medios de comunicación e permitirá demandar a xornalistas ou a calquera persoa que revele información secreta
Este venres celébrase en Madrid o Consello de Política Fiscal e Financeira, no que o ministro Montoro lles pedirá máis axustes ás comunidades autónomas, que esixirán un novo sistema de financiamento. Galicia pedirá compensacións por ter cumprido co límite de déficit en 2015.
O Tribunal Europeo de Xustiza rexeita por segunda vez o recurso de Holanda contra o novo "tax lease". Con este sistema xa se contrataron 27 buques por valor de 925 millóns