Besteiro cre que "a xuíza non quere recoñecer un erro e quere cargarse un candidato". O secretario xeral do PSdeG asegura que a súa imputación "non pode prolongarse" porque, senón, "alguén terá que explicalo". Fala nunha entrevista no Faro de Vigo.
Fálase
O Celta cae ante ao Madrid (1-3) malia o seu gran partido. O Deportivo perde en Málaga (2-0) na súa peor actuación da tempada.
Un ataque á rede de R deixou sen internet a milleiros de galegos durante varias horas. Os problemas impediron acceder ás webs e navegar con normalidade.
Compromiso por Galicia decide non concorrer ás xerais e dá liberdade á súa militancia para apoiar unha ou outra candidatura. Así o decidiu a formación nunha convención celebrada este sábado. Máis información, hoxe en Praza.
Detida a ex parella da muller asasinada en Pontevedra. É o "principal sospeitoso do asasinato", segundo a Garda Civil, que detivo o presunto asasino en Pontesampaio.
Un home asasina unha muller en Pontevedra. A policía trata de localizar o agresor, que fuxiu tras acoitelar esta muller de 38 anos.
A SGAE senta no banco dos acusados o Concello de Cangas por 60.000 euros. Esixe cartos correspodentes ás actuacións no Auditorio e as Festas do Cristo entre 2008 e 2013.
Sete tramos da AP-9 rebaixarán peaxes a turismos por primeira vez desde a crise. O desconto será de 5 céntimos
O Ministerio propón reabrir a pesqueira de xurelo por un intercambio de cota de xarda. A asemblea do cerco decide o sábado se acepta o cambio de 500 toneladas pero di estar decepcionada porque "non se toca o fondo" do reparto.
Amancio Ortega convértese no home máis rico do mundo, segundo a lista da revista Forbes. O fundador de Inditex adianta a Bill Gates e a súa fortuna supera os 70.000 millóns de euros.