El Mundo leva á súa portada unha enquisa na que afirma que "o 83% dos españois cre que o PP recibía diñeiro negro e repartía sobre aos seus líderes". A maioría dos votantes do PP tamén o cre, e tamén opina que Rajoy debe comparecer no Parlamento, e que "os contratos públicos se adxudicaban en función das doazóns recibidas"
Fálase
A Xustiza insta á administración a pagar a fecundación a unha muller á que lle foi negada por ser lesbiana. O Tribunal Superior de Asturias condena a sanidade pública ao reintegro de 7.723 euros
Abel Losada di que esperaba o "paso atrás" de Pachi Vázquez e rexeita pronunciarse en favor dun candidato. Cualifica como "moi positivo" o proceso de primarias consultivas que se abre no PSdeG.
Barreras afirma que a sentenza de Bruxelas despexa a entrada de Pemex no seu capital, pero a prensa mexicana fai unha lectura negativa e sinala que o investimento de Pemex está "en risco" e "a piques de caer"
Extinguido un incendio que queimou 5 hectáreas en Nogueira de Ramuín. O lume comezou a última hora do venres e ardeu até a madrugada do sábado.
O Partido Socialista portugués anuncia que non formará parte do pacto de “salvación nacional” con PSD e CDS esixido polo presidente de la República, Cavaco Silva. Os partidos do goberno buscarán retomar a remodelación interna do Executivo proposta hai semanas e non aceptada por Cavaco.
Cambalache e A Internacional abriron e pecharon o acto de despedida de Anxo Guerreiro, ao que acudiron centos de persoas. O seu féretro foi cuberto coa bandeira de Galicia e catro caraveis. Emilio Pérez Touriño destacou que Guerreiro "engrandeceu a todos e á política" e que "nunca se sentiu fracasado porque só fracasa quen renuncia aos seus valores".
Os afectados polas preferentes péchanse durante case dez horas na Deputación de Pontevedra. O pleno extraordinario sobre os afectados conclúe sen ningún tipo de acordo
O Goberno recupera a reforma da lei do aborto para o vindeiro trimestre. Nas últimas semanas, Xustiza aseguraba estar agardando "un xesto" da Presidencia para acabar de perfilar o texto.
Lidia Gómez Martínez, gañadora do 9.º Premio Biblos-Casa Grande do Bachao de novela para menores de 25 anos. A escritora, nada en Ordes e veciña de Betanzos, terá a María Xosé Queizán como titora