Os afectados polas preferentes péchanse durante case dez horas na Deputación de Pontevedra. O pleno extraordinario sobre os afectados conclúe sen ningún tipo de acordo
Fálase
O Goberno recupera a reforma da lei do aborto para o vindeiro trimestre. Nas últimas semanas, Xustiza aseguraba estar agardando "un xesto" da Presidencia para acabar de perfilar o texto.
Lidia Gómez Martínez, gañadora do 9.º Premio Biblos-Casa Grande do Bachao de novela para menores de 25 anos. A escritora, nada en Ordes e veciña de Betanzos, terá a María Xosé Queizán como titora
Un cento de directores de centros do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) remitíronlle unha carta á Secretaria de Estado de Investigación, Carmen Vela, na que advirten de que a falta de fondos "vai provocar a paralización gradual da actividade investigadora a finais deste mes de xullo"
O BNG, a través do seu portavoz nacional, Xavier Vence, esixiu esta tarde "a dimisión de Feijóo e Rajoy e a convocatoria inmediata de eleccións", á vista dos graves feitos de financiamento ilegal. Vence afirmou que “a corrupción do PP non é algo accidental, é estrutural e responde a un esquema de poder para privilexiar a unhas elites".
Un grupo de 300 persoas afectadas polas preferentes atópase pechado desde as 11 da mañá na Deputación de Pontevedra, coincidindo co pleno extraordinario convocado para debater este conflito. O presidente do ente provincial, Rafael Louzán, foi recibido con apupos.
O xuíz Ruz pregunta a Facenda se houbo delito fiscal no PP desde 2007. Pide un informe sobre a presunta vinculación entre doazóns e contratacións públicas.
O Goberno reunirase a vindeira semana co sector naval e as Comunidades Autónomas afectadas pola resolución do tax lease. Soraya Sáenz de Santamaría elude concretar un posible recurso á decisión da Comisión.
A oposición baralla o 30 de xullo para a comparecencia de Rajoy. Os populares están preparando a intervención do presidente do Goberno para desctivar a posible moción de censura. No PSOE preocupa que a semana que vén haxa novidades sobre o caso dos ERE.
O pasado día 15 um grupo de trinta mozos e mozas da Coruña debuxaron cos seus corpos a palabra independencia sobre a area da praia das Lapas, próxima á Torre de Hércules.