O Goberno reunirase a vindeira semana co sector naval e as Comunidades Autónomas afectadas pola resolución do tax lease. Soraya Sáenz de Santamaría elude concretar un posible recurso á decisión da Comisión.
Fálase
A oposición baralla o 30 de xullo para a comparecencia de Rajoy. Os populares están preparando a intervención do presidente do Goberno para desctivar a posible moción de censura. No PSOE preocupa que a semana que vén haxa novidades sobre o caso dos ERE.
O pasado día 15 um grupo de trinta mozos e mozas da Coruña debuxaron cos seus corpos a palabra independencia sobre a area da praia das Lapas, próxima á Torre de Hércules.
AGE pide a dimisión de Feijóo, "un presidente deslexitimado", e a convocatoria de eleccións tras as novas que revelan os mecanismos de financiamento ilegal do PPdeG. O acto escenificouse na Cidade da Cultura, como "símbolo da corrupción do PP". Máis información, nuns minutos en Praza.
Un incendio causa importantes danos na minicentral eléctrica da localidade luguesa de Navia de Suarna. O lume quedou sufocado ás 7.00 da mañá.
O Goberno exclúe as lesbianas e as mulleres soas da reprodución asistida pública. Sanidade propón ás autonomías que o único criterio sexa o da infertilidade.
A galega Vero Boquete mete a España en cuartos de final do Europeo feminino de fútbol. Anotou un gol no empate ante Rusia e foi declarada mellora xogadora do partido.
Este venres celébrase a sétima edición da Marcha a pé entre Ferrol e Mugados, organizada polo Comité Cidadán para denunciar a presenza de Reganosa no interior da ría.
O Consello de Ministros estuda este venres a presentación dun recurso á resolución de Bruxelas sobre o tax lease. José Manuel Soria entregará un informe no que recomenda recorrer a decisión
Detroit, noutro tempo capital do automóbil, acóllese á lei de bancarrota. Con débedas duns 20.000 millóns de dólares, é a meirande bancarrota municipal da historia dos Estados Unidos.