Un incendio causa importantes danos na minicentral eléctrica da localidade luguesa de Navia de Suarna. O lume quedou sufocado ás 7.00 da mañá.
Fálase
O Goberno exclúe as lesbianas e as mulleres soas da reprodución asistida pública. Sanidade propón ás autonomías que o único criterio sexa o da infertilidade.
A galega Vero Boquete mete a España en cuartos de final do Europeo feminino de fútbol. Anotou un gol no empate ante Rusia e foi declarada mellora xogadora do partido.
Este venres celébrase a sétima edición da Marcha a pé entre Ferrol e Mugados, organizada polo Comité Cidadán para denunciar a presenza de Reganosa no interior da ría.
O Consello de Ministros estuda este venres a presentación dun recurso á resolución de Bruxelas sobre o tax lease. José Manuel Soria entregará un informe no que recomenda recorrer a decisión
Detroit, noutro tempo capital do automóbil, acóllese á lei de bancarrota. Con débedas duns 20.000 millóns de dólares, é a meirande bancarrota municipal da historia dos Estados Unidos.
O PP votou en contra de darlle unha rúa a Nelson Mandela en Toledo para manter a actual denominación de “18 de xullo”. O cambio aprobouse cos votos de IU e PSOE.
TVE sitúa á fronte dos telediarios os mesmos editores da época de Alfredo Urdaci: Enrique Muñoz, María Eizaguirre e Curra Luengo. Continúa o proceso que xa levou hai unhas semanas a Alberto Martínez Arias, ex xefe de prensa de Federico Trillo, á dirección dos informativos de RNE.
Bárcenas ocultou donativos ilegais de FCC, OHL e ACS para o PP galego, segundo publica El País. As anotacións corresponden ás eleccións autonómicas de 2005 e ao congreso que o PP celebrou en 2006.
As sedes do PP en Galicia tamén acollen manifestacións que piden a dimisión de Rajoy. Na imaxe, concentración na Coruña. Imaxe de @15mdaria.