O Consello de Ministros estuda este venres a presentación dun recurso á resolución de Bruxelas sobre o tax lease. José Manuel Soria entregará un informe no que recomenda recorrer a decisión
Fálase
Detroit, noutro tempo capital do automóbil, acóllese á lei de bancarrota. Con débedas duns 20.000 millóns de dólares, é a meirande bancarrota municipal da historia dos Estados Unidos.
O PP votou en contra de darlle unha rúa a Nelson Mandela en Toledo para manter a actual denominación de “18 de xullo”. O cambio aprobouse cos votos de IU e PSOE.
TVE sitúa á fronte dos telediarios os mesmos editores da época de Alfredo Urdaci: Enrique Muñoz, María Eizaguirre e Curra Luengo. Continúa o proceso que xa levou hai unhas semanas a Alberto Martínez Arias, ex xefe de prensa de Federico Trillo, á dirección dos informativos de RNE.
Bárcenas ocultou donativos ilegais de FCC, OHL e ACS para o PP galego, segundo publica El País. As anotacións corresponden ás eleccións autonómicas de 2005 e ao congreso que o PP celebrou en 2006.
As sedes do PP en Galicia tamén acollen manifestacións que piden a dimisión de Rajoy. Na imaxe, concentración na Coruña. Imaxe de @15mdaria.
As sedes do PP empezan a recibir manifestantes para reclamar a dimisión de Mariano Rajoy. Na imaxe, Génova 13.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, convocou unha rolda de prensa, este venres ás 12 horas, na que probablemente desvelará se se presenta ou non ás primarias que prepara a formación.
Os veciños e veciñas do barrio coruñés de Eirís, afectadas polo proxecto do Parque Ofimático, volverán concentrarse este venres ás 14 horas baixo a ponte que cruza a Avenida de Alfonso Molina á altura da Igrexa de Elviña.
A partir das oito da tarde celebraranse concentracións contra o Partido Popular na Coruña, Vígo, Compostela, Lugo e Ourense. As accións terán lugar ante as sedes populares en cada cidade.