As sedes do PP empezan a recibir manifestantes para reclamar a dimisión de Mariano Rajoy. Na imaxe, Génova 13.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51e81da0442d0-bpeu9wscmaaikds.jpg)
As sedes do PP empezan a recibir manifestantes para reclamar a dimisión de Mariano Rajoy. Na imaxe, Génova 13.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, convocou unha rolda de prensa, este venres ás 12 horas, na que probablemente desvelará se se presenta ou non ás primarias que prepara a formación.
Os veciños e veciñas do barrio coruñés de Eirís, afectadas polo proxecto do Parque Ofimático, volverán concentrarse este venres ás 14 horas baixo a ponte que cruza a Avenida de Alfonso Molina á altura da Igrexa de Elviña.
A partir das oito da tarde celebraranse concentracións contra o Partido Popular na Coruña, Vígo, Compostela, Lugo e Ourense. As accións terán lugar ante as sedes populares en cada cidade.
O presidente do Tribunal Constitucional admite a súa militancia no PP, pero asegura que é legal e rexeita dimitir. ERC e ICV-EUiA ameazan con recusar a Pérez de los Cobos, pois consideran que no está lexitimado para suspender a declaración de soberanía do Parlament
A ausencia de explicacións de Rajoy no Congreso mantén conxelada a lei de Transparencia. González Pons advirte de que “se trabucan” quen vinculen este atraso a un anuncio de comparecencia do presidente.
O Supremo arquiva a causa aberta a José Blanco polo caso Campeón. Adiántao a SER.
Feijóo atribúe o atraso nos contratos de Pemex á espera pola resolución do tax lease. A petroleira estaba "pendente" do ditame da Comisión Europea, segundo vén de afirmar o presidente da Xunta tras o Consello. Máis información, nuns minutos en Praza.
O BNG denuncia que o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, pechou cun "Pues que les aproveche” unha resposta escrita a unha pregunta dos nacionalistas para coñecer por que motivo se mantén encendido o alumeado público en distintas rúas cidade durante o día. “Sabemos que continuarán utilizando este argumento demagógico para seguir desgastando al Gobierno municipal. Pues que les aproveche”, di a resposta oficial do rexedor popular.
Almunia di sentir "vergonza" de "como se xoga co medo da xente" no tema do tax lease. Insiste en que a decisión da Comisión "non se dirixe contra o naval", mentres o Goberno central prepara xa un recurso.