O BNG, a través do seu portavoz nacional, Xavier Vence, esixiu esta tarde "a dimisión de Feijóo e Rajoy e a convocatoria inmediata de eleccións", á vista dos graves feitos de financiamento ilegal. Vence afirmou que “a corrupción do PP non é algo accidental, é estrutural e responde a un esquema de poder para privilexiar a unhas elites".
Fálase
Un grupo de 300 persoas afectadas polas preferentes atópase pechado desde as 11 da mañá na Deputación de Pontevedra, coincidindo co pleno extraordinario convocado para debater este conflito. O presidente do ente provincial, Rafael Louzán, foi recibido con apupos.
O xuíz Ruz pregunta a Facenda se houbo delito fiscal no PP desde 2007. Pide un informe sobre a presunta vinculación entre doazóns e contratacións públicas.
O Goberno reunirase a vindeira semana co sector naval e as Comunidades Autónomas afectadas pola resolución do tax lease. Soraya Sáenz de Santamaría elude concretar un posible recurso á decisión da Comisión.
A oposición baralla o 30 de xullo para a comparecencia de Rajoy. Os populares están preparando a intervención do presidente do Goberno para desctivar a posible moción de censura. No PSOE preocupa que a semana que vén haxa novidades sobre o caso dos ERE.
O pasado día 15 um grupo de trinta mozos e mozas da Coruña debuxaron cos seus corpos a palabra independencia sobre a area da praia das Lapas, próxima á Torre de Hércules.
AGE pide a dimisión de Feijóo, "un presidente deslexitimado", e a convocatoria de eleccións tras as novas que revelan os mecanismos de financiamento ilegal do PPdeG. O acto escenificouse na Cidade da Cultura, como "símbolo da corrupción do PP". Máis información, nuns minutos en Praza.
Un incendio causa importantes danos na minicentral eléctrica da localidade luguesa de Navia de Suarna. O lume quedou sufocado ás 7.00 da mañá.
O Goberno exclúe as lesbianas e as mulleres soas da reprodución asistida pública. Sanidade propón ás autonomías que o único criterio sexa o da infertilidade.
A galega Vero Boquete mete a España en cuartos de final do Europeo feminino de fútbol. Anotou un gol no empate ante Rusia e foi declarada mellora xogadora do partido.