Un grupo de 300 persoas afectadas polas preferentes atópase pechado desde as 11 da mañá na Deputación de Pontevedra, coincidindo co pleno extraordinario convocado para debater este conflito. O presidente do ente provincial, Rafael Louzán, foi recibido con apupos.
