A esta hora comparece nos xulgados de Lugo a concelleira de Educación de Santiago, Rebeca Domínguez (PP). Está a declarar en calidade de imputada no caso Pokémon.

A esta hora comparece nos xulgados de Lugo a concelleira de Educación de Santiago, Rebeca Domínguez (PP). Está a declarar en calidade de imputada no caso Pokémon.
#consellodaxunta Feijóo asegura que os funcionarios "cobrarán máis de forma efectiva en 2013 do que cobraron en 2012", sen ofrecer máis aclaracións e sen desmentir a cifra do 7% de recorte de salario coñecida hoxe. Di que "non verán diminuído os seus salarios sobre o que percibiron en 2012", "imos repoñer parte da paga extra que deixaron de percibir", engade.
#consellodaxunta Feijóo acusa a oposición de "apropiarse da dor" dos afectados polas preferentes, aos que insta a "non esquecer onde están os seus aliados", en referencia á Xunta. O presidente da Xunta cre "gravísimos" os incidentes acontecidos onte no Parlamento.
O paro entre os xornalistas multiplícase por quince en Galicia. Cóntao Galicia Confidencial
#consellodaxunta O Consello inicia a tramitación da Lei de Estradas
#consellodaxunta O Goberno nomea a Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral de Emigración, ata agora era deputado e voceiro do PP. Susana López Abella volve ser secretaria xeral de Igualdadade. Margarita Prado é nomeada directora de Recursos Humanos do Sergas.
#consellodaxunta A Xunta convoca unha oferta pública de emprego de 124 prazas, 114 para promoción interna e 10 para a Axencia Tributaria de Galicia, nova forma xurídica da actual Dirección Xeral de Tributos
#consellodaxunta A Xunta fusiona as catro empresas Xestur provinciais, creando "unha única empresa pública" para xestionar solo industrial