#consellodaxunta A Xunta convoca unha oferta pública de emprego de 124 prazas, 114 para promoción interna e 10 para a Axencia Tributaria de Galicia, nova forma xurídica da actual Dirección Xeral de Tributos
Fálase
#consellodaxunta A Xunta fusiona as catro empresas Xestur provinciais, creando "unha única empresa pública" para xestionar solo industrial
- O persoal da Xunta achéganlle carbón a Feijóo con "Papá Noel e o Apalpador"
- Indignación na concentración de persoal público no interior da Xunta. "É unha estafa", din tras "coñecer pola prensa" que lles van baixar o soldo
Está a piques de consumarse a venda do Banco Etcheverría, segundo asegura La Voz. Esta operación deixaría a Caixa Rural Galega como única entidade financeira do país.
Os 27 logran un acordo para o reparto da pesca en 2013. Mantéñense as cotas da pescada do norte, segundo informa Europa Press. A Xunta cualifica de "positivos" os resultados.
A Xunta anuncia unha "intervención lumínica" nas torres da Cidade da Cultura. Di o Goberno galego que, co gallo do nadal, vainas converter nun "faro temporal" que "transmita optimismo a toda Galicia".
Os casos de mutilados por pelotas de goma chocan cos tribunais. El Periódico explica que os xuices arquivan as querelas por non poder identificar o axente policial autor do tiro
Bildu, PSE e Aralar pactan un acordo sobre os orzamentos de Guipúscoa para 2013. O PP critica a constitución dun "tripartito de esquerdas" no territorio.
Proeza do Blusens Obradoiro. Deixou o Regal Barça en 54 puntos no Palau Blaugrana e acadou unha vitoria 54-62 que achega os composteláns á disputa da Copa do Rei e complica a clasificación dos de Xavi Pascual.