Proeza do Blusens Obradoiro. Deixou o Regal Barça en 54 puntos no Palau Blaugrana e acadou unha vitoria 54-62 que achega os composteláns á disputa da Copa do Rei e complica a clasificación dos de Xavi Pascual.

Proeza do Blusens Obradoiro. Deixou o Regal Barça en 54 puntos no Palau Blaugrana e acadou unha vitoria 54-62 que achega os composteláns á disputa da Copa do Rei e complica a clasificación dos de Xavi Pascual.
O Goberno central asegura que se amosará "firme" ante o pacto CiU-ERC que inclúe un referendo de autodeterminación para Catalunya en 2014. El País fala de que "Rajoy movilizará todos sus recursos para asfixiar el pacto CiU-ERC" e El Mundo chega a dicir que "El Gobierno baraja destituir a Mas y suspender la autonomía de Cataluña".
O Obradoiro vence na cancha do Barça no que supón unha vitoria histórica para o club compostelán
O Goberno de Castilla-La Mancha lanza unha campaña publicitaria na que anima a consumir produtos desta rexión con anuncios protagonizados pola presidenta autonómica e secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal.
Está a ter especial repercusión en Portugal o manifesto asinado por máis de medio cento de economistas para rexeitaren a privatización da aeroliña pública TAP e da empresa pública que xestiona os aeroportos do país. Cóntao o diario Público
RTVE compartirá correspondentes coa axencia EFE para aforrar cartos. Recólleo a web do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Os 27 rexeitan a primeira proposta de acordo para o reparto da pesca para a frota comunitaria en 2013. Cóntao Europa Press.
Aznar reclama que PP, PSOE e UPyD redacten unha "declaración" conxunta co apoio do rei "para manter a nación". Cóntao Europa Press na súa web.
Catro deputados de AGE pasarán a noite cos afectados polas preferentes que permanecen pechados en Gondomar, segundo adianta Europa Press na súa web
A Generalitat de Catalunya advirte o ministro de Educación de que a proteción da lingua catalá é "innegociable" na reforma educativa. En La Información.