Aznar reclama que PP, PSOE e UPyD redacten unha "declaración" conxunta co apoio do rei "para manter a nación". Cóntao Europa Press na súa web.

Aznar reclama que PP, PSOE e UPyD redacten unha "declaración" conxunta co apoio do rei "para manter a nación". Cóntao Europa Press na súa web.
Catro deputados de AGE pasarán a noite cos afectados polas preferentes que permanecen pechados en Gondomar, segundo adianta Europa Press na súa web
A Generalitat de Catalunya advirte o ministro de Educación de que a proteción da lingua catalá é "innegociable" na reforma educativa. En La Información.
Unha empresaria viguesa que pretendía tirarlle pan aos pobres suspende a súa iniciativa tras as duras críticas recibidas. Pensaba repartir os alimentos desde o balcón da súa empresa.
Galicia presenta o peor saldo vexetativo do Estado en 2011, con 8.285 mortes máis que nacementos no pasado ano, segundo os datos publicados polo INE.
A axencia de protección de datos do land alemán de Schleswig-Holstein ordénalle a Facebook poñer fin á súa política de obrigar os usuarios a utilizar nomes reais
O Portal Galego da Língua de AGAL celebra os seus dez anos de vida este sábado cunha festa-xantar na Nave de Vidán, en Compostela.
Ao redor de 300 investigadores e investigadoras concéntranse na Praza do Obradoiro en protesta contra o recorte no investimento en I+D+i e con cartaces coma "no somos I+D+IOTAS"
O presidente do Tribunal Supremo lamenta viaxar en clase turista porque "non dá boa imaxe". Quéixase das medidas restritivas de gasto nunha entrevista a RNE.
O adestrador do Barcelona, Tito Vilanova, recae do cancro, segundo anuncia a prensa catalá. O club catalán suspendeu todos os seus actos de hoxe tras coñecer a noticia.