Ao redor de 300 investigadores e investigadoras concéntranse na Praza do Obradoiro en protesta contra o recorte no investimento en I+D+i e con cartaces coma "no somos I+D+IOTAS"
Fálase
O presidente do Tribunal Supremo lamenta viaxar en clase turista porque "non dá boa imaxe". Quéixase das medidas restritivas de gasto nunha entrevista a RNE.
O adestrador do Barcelona, Tito Vilanova, recae do cancro, segundo anuncia a prensa catalá. O club catalán suspendeu todos os seus actos de hoxe tras coñecer a noticia.
Estase movendo moito polas redes sociais un fragmento do programa da Radio Galega Pensando en ti no que o seu condutor Alberto Freire lle contesta a unha ointe que se queixa de que "nos imponen el gallego" e critica que na emisora pública se use o galego: "no sabemos gallego, no lo hemos estudiado y no tenemos interés. Sé el francés y sé el inglés, pero el gallego no me interesa"
Interrompido o pleno do Parlamento polas protestas de afectados polas preferentes, que increparon os deputados e o Goberno nun clima de gran tensión. Toda a información, esta mañá en Praza.
Os estudantes da USC están a realizar unha asemblea para debater que estratexia seguir na súa protesta contra o reitor. Pidenlle que dimita. A asemblea estase celebrando na mesma sala na que estaba reunido o Claustro da universidade, suspendido por Juan Casares.
O reitor da USC, Juan Casares, anuncia a suspensión do Claustro até nova convocatoria. Abandona a sala entre asubios e berros de que "no próximo Claustro terás visita"
Estudantes, PAS e investigadores conseguen entrar na xuntanza do Claustro da USC para protestar contra a xestión do reitor Juan Casares
As protestas contra o reitor chegan até as portas da sala na que se celebra o Claustro da USC
As afectadas pola anulación da convocatoria de prazas docentes da USC tamén protestan ás portas do claustro. A partir das 13.30 unha concentración no Obradoiro denunciará os recortes en I+D+i.