Os estudantes da USC están a realizar unha asemblea para debater que estratexia seguir na súa protesta contra o reitor. Pidenlle que dimita. A asemblea estase celebrando na mesma sala na que estaba reunido o Claustro da universidade, suspendido por Juan Casares.
Fálase
O reitor da USC, Juan Casares, anuncia a suspensión do Claustro até nova convocatoria. Abandona a sala entre asubios e berros de que "no próximo Claustro terás visita"
Estudantes, PAS e investigadores conseguen entrar na xuntanza do Claustro da USC para protestar contra a xestión do reitor Juan Casares
As protestas contra o reitor chegan até as portas da sala na que se celebra o Claustro da USC
As afectadas pola anulación da convocatoria de prazas docentes da USC tamén protestan ás portas do claustro. A partir das 13.30 unha concentración no Obradoiro denunciará os recortes en I+D+i.
Os bancos tan só concederon 42 dacións en pago en seis meses. De Guindos anuncia que as familias que accedan a un piso de aluguer social deberán cumprir as mesmas condicións de "extrema necesidade".
O Claustro da USC reúnese a partir das dez da mañá na Facultade de Medicina para debater os orzamentos para o vindeiro ano. Están convocadas concentracións de estudantes, investigadores e PAS, opostos á xestión do reitor. Pidese a dimisión da xerente da Universidade.
Emili Ferrer Inglés, colaborador de Economistas Frente a la Crisis, escribe unha valiosa reflexión sobre o sistema público de saúde: Defendiendo la Sanidad Pública. Denuncia "o aumento da desigualdade e a instrumentalización política e ideolóxica dos procesos de privatización-externalización"
A Conferencia Episcopal forza a dimisión do deán de Santiago por mor do roubo do códice e da falta de control dos roubos na Catedral.
O Liceo gaña a Supercopa de Europa de hockey despois de remontar a eliminatoria ante o Bassano, ao que gañou en Riazor por 6-2.