O Liceo gaña a Supercopa de Europa de hockey despois de remontar a eliminatoria ante o Bassano, ao que gañou en Riazor por 6-2.
O Liceo gaña a Supercopa de Europa de hockey despois de remontar a eliminatoria ante o Bassano, ao que gañou en Riazor por 6-2.
PP e PSOE relegan a Vigo a "porto secundario" na Eurocámara, unha consideración que si acada o de Tenerife. Na Rede Transeuropea de Transportes (TEN-T) Vigo segue sendo un centro portuario de segundo nivel e mesmo "complementario" á Coruña.
ARA reflexiona sobre "como ten que vestir un deputado" despois de que a presidenta do Parlamento catalán lle reclamase maior "formalidade" aos deputados da CUP, que responderon que "vimos da rúa e non temos por que agachalo".
A prensa deste mércores está monopolizada polo pacto entre CiU e ERC e o compromiso para convocar un referendo de autodeterminación en 2014. ABC e El Mundo falan de "referéndum ilegal", La Razón de "Alianza para romper España" e La Vanguardia de que "CiU cede ante ERC".
Bancos investiron en preferentes indemnizacións que recibiron as vítimas do 11M. Cóntao a Cadena Ser.
ERC e CiU asinan o pacto de goberno e fixan a consulta para o 2014. Artur Mas podería ser investido presidente da Generalitat este venres, segundo conta El Periódico.
O Concello de Pontevedra recibe o premio europeo Intermodes pola súa política de transporte intermodal.
Instagram poderá vender as fotografías dos seus usuarios e usuarias sen pedirlles permiso. O único xeito de evitalo será darse de baixa nesta rede. Explícao a Cadena SER.
Fajardo (AGE) ironiza na súa primeira intervención en pleno con que o PP está "diarreico", xa que "a metade dos escanos" populares están baleiros "despois de xantar". O Parlamentario cre "unha falta de respecto" a ausencia dos conservadores nos "debates coa oposición".
Lendoiro anuncia que o Deportivo entrará en concurso de acredores antes de fin de ano agás un acordo improbable con Facenda. Asegura que "non hai nada que temer" máis aló da situación deportiva.