Instagram poderá vender as fotografías dos seus usuarios e usuarias sen pedirlles permiso. O único xeito de evitalo será darse de baixa nesta rede. Explícao a Cadena SER.
Instagram poderá vender as fotografías dos seus usuarios e usuarias sen pedirlles permiso. O único xeito de evitalo será darse de baixa nesta rede. Explícao a Cadena SER.
Fajardo (AGE) ironiza na súa primeira intervención en pleno con que o PP está "diarreico", xa que "a metade dos escanos" populares están baleiros "despois de xantar". O Parlamentario cre "unha falta de respecto" a ausencia dos conservadores nos "debates coa oposición".
Lendoiro anuncia que o Deportivo entrará en concurso de acredores antes de fin de ano agás un acordo improbable con Facenda. Asegura que "non hai nada que temer" máis aló da situación deportiva.
O pleno do Parlamento aproba, por unanimidade, a creación dunha comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro galegas a proposta do PP. O PP rexeita a comisión proposta polo PSdeG no mesmo sentido. A información, este mediodía en Praza.
O Goberno central inclúe a Rodolfo Martín Villa no consello de administración do banco malo. Foi xefe do sindicato de estudantes ligado á Falange Española, procurador nas cortes franquistas e ministro entre 1975 e 1982
Os afectados polas preferentes terán que asumir unha quita do 40%, segundo avanzou o ministro De Guindos. Aclarou, no entanto, que a devolución que se lle aplique a cada caso dependerá do produto, do tipo de interese e da data de vencemento. Máis información, esta tarde en Praza.
ERC confirma que apoiará a investidura de Artur Mas, que podería producirse este venres ou sábado pero que tamén se podería atrasar até a primeira semana de xaneiro.
O PP tomba a tramitación das iniciativas lexislativas populares en defensa da sanidade pública e de Preescolar na Casa. A información, esta mañá en Praza.
A tripulación do Prestige denunciara "problemas serios" e unha vía de auga no buque días antes do acccidente. Así o asegurou o comandante do Helimer Galicia, Francisco Muñoz Corrales, durante o xuízo que se celebra na Coruña. "Estaban moi enfadados co capitán", declarou.
Continúa sen titular o posto no Consello de Contas que quedou vacante tras o falecemento de José Antonio Orza. O PP, a quen lle correspondía renovar a praza neste pleno do Parlamento, non presentou candidatura ningunha.