ERC confirma que apoiará a investidura de Artur Mas, que podería producirse este venres ou sábado pero que tamén se podería atrasar até a primeira semana de xaneiro.
Fálase
O PP tomba a tramitación das iniciativas lexislativas populares en defensa da sanidade pública e de Preescolar na Casa. A información, esta mañá en Praza.
A tripulación do Prestige denunciara "problemas serios" e unha vía de auga no buque días antes do acccidente. Así o asegurou o comandante do Helimer Galicia, Francisco Muñoz Corrales, durante o xuízo que se celebra na Coruña. "Estaban moi enfadados co capitán", declarou.
Continúa sen titular o posto no Consello de Contas que quedou vacante tras o falecemento de José Antonio Orza. O PP, a quen lle correspondía renovar a praza neste pleno do Parlamento, non presentou candidatura ningunha.
A esta hora debátese no Parlamento a iniciativa lexislativa popular impulsada por SOS Sanidade Pública. No exterior da Cámara estanse a manifestar membros desta plataforma.
Juan Freire escribe no seu blog sobre "Que é (e que non é) o procomún?" e tenta desbotar algunhas ideas preconcibidas sobre este concepto.
Xornalistas e activistas crean unha fundación para financiar Wikileaks cando menos mentres dure o bloqueo económico exercido por MasterCard, Visa ou PayPal. Na Freedom of the Press Foundation participan John Cusack ou Daniel Ellsberg.
Dous investigadores británicos desenvolven unha fórmula matemática para escoller a decoración ideal das árbores de nadal: en función da altura, calcúlase o número de bolas necesarias ou a lonxitude das grilandas.
A Plataforma Stop Ley Wert presentará esta tarde un comunicado que se esixe a retirada da LOMCE. O acto será presentado por Federico Mayor Zaragoza e nel intervirán representantes da Asociación Ciudadan@s por la Educación Pública, Associació de Mestres Rosa Sensat, Red IRES (Investigación y Renovación Escolar), Juventud Sin Futuro, Democracia real YA ou ATTAC.
A peaxe da AP-9 subirá nun 2,4% en xaneiro. O custe para circular de Vigo á Coruña superará os 15 euros, 2,1 euros máis que hai un ano.