Continúa sen titular o posto no Consello de Contas que quedou vacante tras o falecemento de José Antonio Orza. O PP, a quen lle correspondía renovar a praza neste pleno do Parlamento, non presentou candidatura ningunha.
Fálase
A esta hora debátese no Parlamento a iniciativa lexislativa popular impulsada por SOS Sanidade Pública. No exterior da Cámara estanse a manifestar membros desta plataforma.
Juan Freire escribe no seu blog sobre "Que é (e que non é) o procomún?" e tenta desbotar algunhas ideas preconcibidas sobre este concepto.
Xornalistas e activistas crean unha fundación para financiar Wikileaks cando menos mentres dure o bloqueo económico exercido por MasterCard, Visa ou PayPal. Na Freedom of the Press Foundation participan John Cusack ou Daniel Ellsberg.
Dous investigadores británicos desenvolven unha fórmula matemática para escoller a decoración ideal das árbores de nadal: en función da altura, calcúlase o número de bolas necesarias ou a lonxitude das grilandas.
A Plataforma Stop Ley Wert presentará esta tarde un comunicado que se esixe a retirada da LOMCE. O acto será presentado por Federico Mayor Zaragoza e nel intervirán representantes da Asociación Ciudadan@s por la Educación Pública, Associació de Mestres Rosa Sensat, Red IRES (Investigación y Renovación Escolar), Juventud Sin Futuro, Democracia real YA ou ATTAC.
A peaxe da AP-9 subirá nun 2,4% en xaneiro. O custe para circular de Vigo á Coruña superará os 15 euros, 2,1 euros máis que hai un ano.
FACUA advirte da ilegalidade do modelo de tarifas eléctricas que pretende implantar Industria. Alerta de que supón unha suba encuberta da tarifa e que penalizará a usuarios cun consumo moi reducido
A quebra do Instituto de Alta Tecnoloxía (IAT), unha fundación creada en 2001 para construir e xestionar un centro médico pioneiro, destapa unha nova fraude millonaria de cartos públicos na sanidade catalá. O holding privado CRC aproveitou o seu control sobre a fundación para obter irregularmente recursos e mesmo desviou subvencións cara ás súas filiais.
Derrota do Celta en Balaidos ante o Betis por 0-1. Jorge Molina marcou o único gol do partido no minuto 80. Os celestes son 15º con 15 puntos, dous por riba do descenso.