Está a piques de consumarse a venda do Banco Etcheverría, segundo asegura La Voz. Esta operación deixaría a Caixa Rural Galega como única entidade financeira do país.
Fálase
Os 27 logran un acordo para o reparto da pesca en 2013. Mantéñense as cotas da pescada do norte, segundo informa Europa Press. A Xunta cualifica de "positivos" os resultados.
A Xunta anuncia unha "intervención lumínica" nas torres da Cidade da Cultura. Di o Goberno galego que, co gallo do nadal, vainas converter nun "faro temporal" que "transmita optimismo a toda Galicia".
Os casos de mutilados por pelotas de goma chocan cos tribunais. El Periódico explica que os xuices arquivan as querelas por non poder identificar o axente policial autor do tiro
Bildu, PSE e Aralar pactan un acordo sobre os orzamentos de Guipúscoa para 2013. O PP critica a constitución dun "tripartito de esquerdas" no territorio.
Proeza do Blusens Obradoiro. Deixou o Regal Barça en 54 puntos no Palau Blaugrana e acadou unha vitoria 54-62 que achega os composteláns á disputa da Copa do Rei e complica a clasificación dos de Xavi Pascual.
O Goberno central asegura que se amosará "firme" ante o pacto CiU-ERC que inclúe un referendo de autodeterminación para Catalunya en 2014. El País fala de que "Rajoy movilizará todos sus recursos para asfixiar el pacto CiU-ERC" e El Mundo chega a dicir que "El Gobierno baraja destituir a Mas y suspender la autonomía de Cataluña".
O Obradoiro vence na cancha do Barça no que supón unha vitoria histórica para o club compostelán
O Goberno de Castilla-La Mancha lanza unha campaña publicitaria na que anima a consumir produtos desta rexión con anuncios protagonizados pola presidenta autonómica e secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal.
Está a ter especial repercusión en Portugal o manifesto asinado por máis de medio cento de economistas para rexeitaren a privatización da aeroliña pública TAP e da empresa pública que xestiona os aeroportos do país. Cóntao o diario Público