O reconto do referendo turco outorga a vitoria de forma axustada (51,3% fronte a 48,7%) ao si defendido por Erdogan pero a oposición cuestiona o resultado e acusa de fraude ao Goberno.
Fálase
Os primeiros resultados danlle a vitoria a Erdogan no referendo que lle pode outorgar máis poder. Cun 60 por cento dos votos escrutados, o si obtén un 56% dos apoios. A participación foi moi importante en todo o país. O reconto pódese seguir aquí
Senllas enquisas en El País e La Vanguardia confirman o afundimento de PDeCat, que acadaría ente o 11% e o 15% dos votos, loitando pola segunda posición con Ciudadanos e Catalunya Sí que es Pot. ERC crecería a custa da antiga Convergència e das CUP e obtería entre o 26% e o 29% dos sufraxios, gañando con claridade unhas hipotéticas eleccións.
Rodrigo Rato branqueou cartos cando era ministro e director do FMI. O ex vicepresidente facturou presuntamente 31,2 millóns de euros a través dunha offshore, segundo un informe xudicial que cita El Mundo. Rato abandonou o FMI dous días despois de ser interrogado por estes investimentos opacos
Un pequeno xornal familiar dunha vila de Iowa gaña o premio Pulitzer por enfrontarse a empresas contaminantes. The Storm Lake Times, cunha tirada de 3.000 exemplares, descubriu que a administración do condado utilizaba doazóns destas compañías para pagar unha demanda por ter permitido vertidos aos ríos que fornecen de auga potable á comunidade
O Brexit podería abrir as portas á reunificación de Irlanda. O 56% dos e das norirlandesas votaron a favor de permanecer na UE. O Sinn Féin inicia unha campaña coa vista posta no ano 2021, coincidindo co centenario da partición da illa entre a República de Irlanda e Irlanda do Norte
ETA fai público un comunicado con motivo do Aberri Eguna no que xustifica o seu desarmamento e anuncia un debate interno no que tomará decisións "para avanzar", sen mencionar a disolución da organización.
Audasa reclámalle 115 millóns de euros ao Ministerio de Fomento polas obras de ampliación en Rande e Compostela e a rebaixa do treito Vigo-Pontevedra. A empresa presentou un recurso contencioso-administrativo
Detidos catro tuiteiros de ideoloxía nazi por simular unha poxa para cazar o presidente de SOS Racismo Madrid
A vitoria do Dépor ante o Málaga (2-0) deixa o equipo coruñés con 9 puntos de diferenza sobre os postos de descenso, con seis xornadas por xogar.