Rodrigo Rato branqueou cartos cando era ministro e director do FMI. O ex vicepresidente facturou presuntamente 31,2 millóns de euros a través dunha offshore, segundo un informe xudicial que cita El Mundo. Rato abandonou o FMI dous días despois de ser interrogado por estes investimentos opacos
Fálase
Un pequeno xornal familiar dunha vila de Iowa gaña o premio Pulitzer por enfrontarse a empresas contaminantes. The Storm Lake Times, cunha tirada de 3.000 exemplares, descubriu que a administración do condado utilizaba doazóns destas compañías para pagar unha demanda por ter permitido vertidos aos ríos que fornecen de auga potable á comunidade
O Brexit podería abrir as portas á reunificación de Irlanda. O 56% dos e das norirlandesas votaron a favor de permanecer na UE. O Sinn Féin inicia unha campaña coa vista posta no ano 2021, coincidindo co centenario da partición da illa entre a República de Irlanda e Irlanda do Norte
ETA fai público un comunicado con motivo do Aberri Eguna no que xustifica o seu desarmamento e anuncia un debate interno no que tomará decisións "para avanzar", sen mencionar a disolución da organización.
Audasa reclámalle 115 millóns de euros ao Ministerio de Fomento polas obras de ampliación en Rande e Compostela e a rebaixa do treito Vigo-Pontevedra. A empresa presentou un recurso contencioso-administrativo
Detidos catro tuiteiros de ideoloxía nazi por simular unha poxa para cazar o presidente de SOS Racismo Madrid
A vitoria do Dépor ante o Málaga (2-0) deixa o equipo coruñés con 9 puntos de diferenza sobre os postos de descenso, con seis xornadas por xogar.
Cando menos 70 persoas mortas en Siria nun atentado contra un convoi de familiares de soldados gobernamentais que estaban sendo evacuados dunha localidade próxima a Alepo
A presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes declara á revista S Moda de El País que “cando te reúnes con homes e te fas a loira, consegues moito máis”. Na entrevista, moi criticada nas redes sociais, Cifuentes afirma que "o problema do feminismo tradicional é que nalgunhas ocasións se identificou coa defensa das mulleres á custa de ir en contra dos homes" e que "teño amigas que son feministas e van perfectamente arregladas".
Turquía vota este domingo o referendo constitucional convocado por Erdoğan para transformar a actual democracia parlamentaria nun sistema presidencialista. Le aquí a análise de Roberto Mansilla sobre a situación política no país otomano.