Turquía vota este domingo o referendo constitucional convocado por Erdoğan para transformar a actual democracia parlamentaria nun sistema presidencialista. Le aquí a análise de Roberto Mansilla sobre a situación política no país otomano.
Fálase
Actos en toda Galicia celebraron este venres o aniversario da proclamación da Segunda República. En Compostela EU homenaxeou as persoas represaliadas polo réxime franquista, en especial os 3000 presos obrigados a traballar na construción do aeroporto de Lavacolla
Estabilizado o incendio de Carballeda de Valdeorras despois de queimar 100 hectáreas. O lume comezou o venres pola mañá en Casaio.
Este venres 14 de abril Praza non se actualizará por descanso da redacción. Volvemos o sábado!
España é o terceiro país con máis pobreza infantil entre os 41 estados máis desenvolvidos, alerta UNICEF, só por detrás de Grecia e Romanía. A taxa de pobreza infantil sitúase no 40%, nove puntos máis que en 2008
O Celta recibe ás 21.05 o Genk no partido de ida dos cuartos de final da Europa League
Importantes atascos na AP9 ao seu paso por Vilaboa, en dirección Vigo, por mor do incremento dos desprazamentos e do peche dun dos carrís por obras.
Madrid revisará no seu rueiro os topónimos galegos castelanizados, como "La Coruña", "Sangenjo" ou "Ginzo". A decisión parte da queixa dun galego residinte na cidade
O CSO A Insumisa convoca este venres ás 20 horas na Coruña a procesión da Santa Cona, en reivindicación "da nosa sexualidade e os nosos corpos como mulleres libres" e para "sacar a Igrexa dos nosos úteros e das nosas vidas"
O Universitario de Ferrol chega ás semifinais da Liga Feminina de Baloncesto tras derrotar o IDK Gipuzkoa (59-56). Enfrontarase ao Perfumerías Avenida.