O CSO A Insumisa convoca este venres ás 20 horas na Coruña a procesión da Santa Cona, en reivindicación "da nosa sexualidade e os nosos corpos como mulleres libres" e para "sacar a Igrexa dos nosos úteros e das nosas vidas"
Fálase
O Universitario de Ferrol chega ás semifinais da Liga Feminina de Baloncesto tras derrotar o IDK Gipuzkoa (59-56). Enfrontarase ao Perfumerías Avenida.
Defensa manda izar a bandeira a media asta en todos os cuarteis pola morte de Cristo. Un decreto, aprobado por Chacón, contempla que só se faga pola morte de militares en acto de servizo, o rei, o seu herdeiro, consorte ou os días de loito nacional. O Ministerio di que así "respecta o exercicio da liberdade relixiosa"
O Foro Galego de Inmigración fai un chamamento á solidariedade coa familia do rapaz afogado en Riazor o pasado luns. Vén de abrir unha conta a nome de seu pai para sufragar os gastos de repatriación do cadáver do rapaz de 17 anos e para o que se precisan uns 6.000 euros. O número é ES51 2030 3105 9630 4003 4248.
O prazo de inscrición das oposicións de educación da Xunta abrirá o vindeiro 18 de abril. A convocatoria, segundo informa a Consellería, será publicada no DOG "nos vindeiros días". Consulta aquí os detalles das 1.043 prazas, 912 serán de novo ingreso.
Aterra de emerxencia en Santiago un voo de American Airlines por presenza de fume na cabina do avión, que fai a ruta entre París e Miami. Está a contalo a web Aeronoticiario SCQ
Os Premios Enfoque veñen de dar a coñecer os medios e profesionais gañadores/as nas súas distintas categorías, escollidos/as a través de 11 mil votos na web. Os galardóns buscan recoñecer ou criticar as boas e malas prácticas xornalísticas con respecto aos dereitos humanos, á xustiza social, de xénero e ambiental.
Ourense celebra a partir das 11 da mañá un pleno extraordinario no que Democracia Ourensana criticará a "procastinación" do alcalde da cidade, Jesús Vázquez, ao que acusan de "inacción" nunha serie de 27 asuntos. A formación que lidera Gonzalo Pérez Jácome pide a dimisión do rexedor. Ourense en Común, que non asiste ao pleno, presentará un "Acordo de Traballo" contra "o desgoberno do PP". O pleno pódese seguir en directo aquí.
O Supremo do Brasil ordena investigar oito ministros do Goberno de Temer. O tribunal imputa tamén 24 senadores, 37 deputados e 12 gobernadores e os seus aliados.
O portavoz da Casa Branca asegura que "nin alguén tan desprezable como Hitler se rebaixou a usar armas químicas" en referencia ao ataque químico producido en Siria. Sean Spicer levanta unha importante polémica ao obviar o Holocausto e o proceder do réxime nazi.