Os Premios Enfoque veñen de dar a coñecer os medios e profesionais gañadores/as nas súas distintas categorías, escollidos/as a través de 11 mil votos na web. Os galardóns buscan recoñecer ou criticar as boas e malas prácticas xornalísticas con respecto aos dereitos humanos, á xustiza social, de xénero e ambiental.
Fálase
Ourense celebra a partir das 11 da mañá un pleno extraordinario no que Democracia Ourensana criticará a "procastinación" do alcalde da cidade, Jesús Vázquez, ao que acusan de "inacción" nunha serie de 27 asuntos. A formación que lidera Gonzalo Pérez Jácome pide a dimisión do rexedor. Ourense en Común, que non asiste ao pleno, presentará un "Acordo de Traballo" contra "o desgoberno do PP". O pleno pódese seguir en directo aquí.
O Supremo do Brasil ordena investigar oito ministros do Goberno de Temer. O tribunal imputa tamén 24 senadores, 37 deputados e 12 gobernadores e os seus aliados.
O portavoz da Casa Branca asegura que "nin alguén tan desprezable como Hitler se rebaixou a usar armas químicas" en referencia ao ataque químico producido en Siria. Sean Spicer levanta unha importante polémica ao obviar o Holocausto e o proceder do réxime nazi.
Clínicas de todo o Estado denuncian "acoso e coacción" de grupos antiabortistas a mulleres que abortan. Colócanse ás portas dos centros e presionan as persoas que entran neles.
O PP cae en expectativas de voto a costa de Ciudadanos mentres PSOE e Unidos Podemos mantense igualados no segundo posto, segundo a enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es.
VÍDEO | O equipo de Oncomet transmite as "grazas a toda a sociedade civil galega" tras acadar os 500.000 euros que precisaban para investigar o método da biopsia líquida, unha nova técnica de loita contra o cancro. O doutor Rafael López explicou o proxecto nesta entrevista con Praza.gal
O Estado declara o Entroido "Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial", ao mesmo nivel que a Semana Santa. O Real Decreto sobre a distinción á festa entroideira e mais o referido á celebración relixiosa publícanse este martes no Boletín Oficial do Estado.
A campaña de crowdfunding de Oncomet superou os 500.000 euros que buscaba para desenvolver a análise de biopsia líquida, técnica de vangarda na loita contra o cancro. Podes repasar as entrevistas que lles realizamos a dous dos responsables deste grupo de investigación compostelán: Rafael López e Miguel Abal
La Gaceta entrevista a Francisco Vázquez polo seu cumpreanos. O ex alcalde coruñés destaca que "Marine Le Pen non é extrema dereita, é patriotismo" e acusa a Lei de Memoria Histórica de poñer en cuestión o relato da Transición. Ademais, afirma que en Galicia "hai unha exclusión de toda a realidade non nacionalista" e alerta de que "os radicais de extrema esquerda" copan as alcaldías das principais cidades galegas