Este venres 14 de abril Praza non se actualizará por descanso da redacción. Volvemos o sábado!
Fálase
España é o terceiro país con máis pobreza infantil entre os 41 estados máis desenvolvidos, alerta UNICEF, só por detrás de Grecia e Romanía. A taxa de pobreza infantil sitúase no 40%, nove puntos máis que en 2008
O Celta recibe ás 21.05 o Genk no partido de ida dos cuartos de final da Europa League
Importantes atascos na AP9 ao seu paso por Vilaboa, en dirección Vigo, por mor do incremento dos desprazamentos e do peche dun dos carrís por obras.
Madrid revisará no seu rueiro os topónimos galegos castelanizados, como "La Coruña", "Sangenjo" ou "Ginzo". A decisión parte da queixa dun galego residinte na cidade
O CSO A Insumisa convoca este venres ás 20 horas na Coruña a procesión da Santa Cona, en reivindicación "da nosa sexualidade e os nosos corpos como mulleres libres" e para "sacar a Igrexa dos nosos úteros e das nosas vidas"
O Universitario de Ferrol chega ás semifinais da Liga Feminina de Baloncesto tras derrotar o IDK Gipuzkoa (59-56). Enfrontarase ao Perfumerías Avenida.
Defensa manda izar a bandeira a media asta en todos os cuarteis pola morte de Cristo. Un decreto, aprobado por Chacón, contempla que só se faga pola morte de militares en acto de servizo, o rei, o seu herdeiro, consorte ou os días de loito nacional. O Ministerio di que así "respecta o exercicio da liberdade relixiosa"
O Foro Galego de Inmigración fai un chamamento á solidariedade coa familia do rapaz afogado en Riazor o pasado luns. Vén de abrir unha conta a nome de seu pai para sufragar os gastos de repatriación do cadáver do rapaz de 17 anos e para o que se precisan uns 6.000 euros. O número é ES51 2030 3105 9630 4003 4248.
O prazo de inscrición das oposicións de educación da Xunta abrirá o vindeiro 18 de abril. A convocatoria, segundo informa a Consellería, será publicada no DOG "nos vindeiros días". Consulta aquí os detalles das 1.043 prazas, 912 serán de novo ingreso.