O conflito dos dereitos televisivos pon en risco o inicio da Liga para Celta, Deportivo e Lugo
Fálase
O Concello de Lugo tamén secunda a iniciativa do BNG de abonarlle a paga extra de Nadal ao persoal ao servizo da Administración. O tenente de alcalde, o nacionalista Antón Bao, xa pechou o acordo co alcalde, o socialista Xosé López Orozco, segundo avanza El Progreso
O ministro alemán de Finanzas, Wolfgang Schäuble, descarta que o fondo europeo de rescate merque débeda española e Italiana.
A Fronte Polisaria "non entende" a decisión o Goberno español de retirar os cooperantes dos campos de refuxiados do Sáhara: "Non temos constancia de que haxa un perigo inminente", di na Cadena SER
O xornalista Toni Garrido soubo "pola prensa" que non continuará á fronte das tardes de RNE. Cóntao 233 grados
El Periódico de Catalunya promove a recollida de sinaturas contra a "contrarreforma" da Lei do Aborto que prepara o ministerio de Xustiza.
O New York Times ofrece unha reportaxe sobre a volta á familia, especialmente aos pais e avós, de moitas persoas en situación de desemprego en España. O diario estadounidense sinala que esta é unha "feble muleta" no medio da crise.
A Polícia Judiciária de Portugal atrapa unha "mafia galega" con case tres toneladadas de haxix. No Correio da Manhá
El País relata que o Ministerio de Exteriores sitúa nas embaixadas sudamericanas a cargos do PP galego en vésperas das eleccións autonómicas
O BCE baralla mercar débeda española e italiana para aliviar a presión dos mercados. En La Información.