O xornalista Toni Garrido soubo "pola prensa" que non continuará á fronte das tardes de RNE. Cóntao 233 grados
Fálase
El Periódico de Catalunya promove a recollida de sinaturas contra a "contrarreforma" da Lei do Aborto que prepara o ministerio de Xustiza.
O New York Times ofrece unha reportaxe sobre a volta á familia, especialmente aos pais e avós, de moitas persoas en situación de desemprego en España. O diario estadounidense sinala que esta é unha "feble muleta" no medio da crise.
A Polícia Judiciária de Portugal atrapa unha "mafia galega" con case tres toneladadas de haxix. No Correio da Manhá
El País relata que o Ministerio de Exteriores sitúa nas embaixadas sudamericanas a cargos do PP galego en vésperas das eleccións autonómicas
O BCE baralla mercar débeda española e italiana para aliviar a presión dos mercados. En La Información.
As primeiras páxinas dos diarios impresos de hoxe combinan política, economía e deporte. El País dá a coñecer unha enquisa electoral que reflicte un desplome do PP, unha lixeirísima suma do PSOE, unha leve caída de IU e un ascenso de UPyD. Diarios máis afíns ao Goberno central, como La Razón, destacan que o gabinete de Rajoy non collerá vacacións. En Catalunya, cabeceiras como La Vanguardia salientan os plans de Artur Mas para lograr "unha nova relación con España".
A Fórmula 1 deixará Valencia en 2013. Os grupos da oposición valenciana critican duramente dende hai anos este evento polo seu alto impacto nas arcas públicas. Cóntao Vilaweb.
O conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, desliga o Goberno de Rajoy da suba da peaxe da AP-9 e culpa do incremento á "herdanza" de José Luis Rodríguez Zapatero.
O incremento das peaxes reactiva en Catalunya o movemento #novullpagar ("non quero pagar"), que convoca unha protesta para mañá. Cóntao El Punt Avui.