O conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, desliga o Goberno de Rajoy da suba da peaxe da AP-9 e culpa do incremento á "herdanza" de José Luis Rodríguez Zapatero.
Fálase
O incremento das peaxes reactiva en Catalunya o movemento #novullpagar ("non quero pagar"), que convoca unha protesta para mañá. Cóntao El Punt Avui.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica reclámalle a Alemaña que "repare" o dano causado na Guerra Civil e a Rajoy, que lles retire as condecoracións concedidas por Franco a Hitler e Mussolini e que o Estado español aínda mantén. En Público.es
A Xunta informa de que os encoros de abastecemento da bacía Galicia-costa están ao 97% da súa capacidade. É un 20% máis que o ano pasado nas mesmas datas.
O primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho, comprométese a modernizar a liña ferroviaria Vigo-Porto. Cóntao Público.
Os Xogos Olímpicos botaron a andar onte cunha espectacular cerimonia inaugural que, entre outros aspectos, percorreu fitos da historia británica como a creación do Servizo Nacional de Saúde.
As cifras do paro comparten protagonismo este sábado nas primeiras páxinas dos diarios impresos coa inauguración dos Xogos Olímpicos
Galiza Nova da Coruña secunda a mobilización contra as touradas do vindeiro 4 de agosto. A organización de mocidade do BNG rexeita os eventos taurinos e que reciban subvencións do Concello coruñés. Máis información sobre as accións contra estes eventos na web de Galicia, mellor sen touradas
Compromiso por Galicia lanza unha táboa de propostas alternativas á redución de escanos no Parlamento que impulsa o PP
A manifestación de taxistas celebrada hoxe en Madrid contra a liberalización do sector rematou en duros enfrontamentos entre algúns que secundaban a protesta e outros que non o facían. Cóntao a Cadena SER.