Os Xogos Olímpicos botaron a andar onte cunha espectacular cerimonia inaugural que, entre outros aspectos, percorreu fitos da historia británica como a creación do Servizo Nacional de Saúde.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/50138c676222b-270712-opening-ceremony.jpg)
Os Xogos Olímpicos botaron a andar onte cunha espectacular cerimonia inaugural que, entre outros aspectos, percorreu fitos da historia británica como a creación do Servizo Nacional de Saúde.
As cifras do paro comparten protagonismo este sábado nas primeiras páxinas dos diarios impresos coa inauguración dos Xogos Olímpicos
Galiza Nova da Coruña secunda a mobilización contra as touradas do vindeiro 4 de agosto. A organización de mocidade do BNG rexeita os eventos taurinos e que reciban subvencións do Concello coruñés. Máis información sobre as accións contra estes eventos na web de Galicia, mellor sen touradas
Compromiso por Galicia lanza unha táboa de propostas alternativas á redución de escanos no Parlamento que impulsa o PP
A manifestación de taxistas celebrada hoxe en Madrid contra a liberalización do sector rematou en duros enfrontamentos entre algúns que secundaban a protesta e outros que non o facían. Cóntao a Cadena SER.
As modificacións legais que prepara o Ministerio de Xustiza encarecen nuns 500 euros a interposición dun recurso de apelación. Podedes consultar o proxecto aquí
O FMI empeora as previsións de recesión para España tras os últimos recortes. O organismo pasa de prever unha caída do PIB en 2013 do 0,6% ao 1,2% coas últimas medidas de axuste.
Un estudante galardoado cun premio de fin de carreira escríbelle unha dura carta á Xunta. Repróchalle ao Goberno galego, entre outras cousas, que agasallase o mellor alumnado cunha maleta e analiza o agravio comparativo entre os recortes educativos e a Cidade da Cultura, onde se entregaron as distincións.
Prohíben sorrir nas fotografías das acreditacións dos Xogos Olímpicos. Cóntao Clases de Periodismo
#Londres2012 A galega Iria Grandal conclúe no posto 53 na primeira proba de tiro con arco, polo que se enfrontará en 32avos de final á colombiana Ana María Rendón.