As modificacións legais que prepara o Ministerio de Xustiza encarecen nuns 500 euros a interposición dun recurso de apelación. Podedes consultar o proxecto aquí
Fálase
O FMI empeora as previsións de recesión para España tras os últimos recortes. O organismo pasa de prever unha caída do PIB en 2013 do 0,6% ao 1,2% coas últimas medidas de axuste.
Un estudante galardoado cun premio de fin de carreira escríbelle unha dura carta á Xunta. Repróchalle ao Goberno galego, entre outras cousas, que agasallase o mellor alumnado cunha maleta e analiza o agravio comparativo entre os recortes educativos e a Cidade da Cultura, onde se entregaron as distincións.
Prohíben sorrir nas fotografías das acreditacións dos Xogos Olímpicos. Cóntao Clases de Periodismo
#Londres2012 A galega Iria Grandal conclúe no posto 53 na primeira proba de tiro con arco, polo que se enfrontará en 32avos de final á colombiana Ana María Rendón.
O PP rexistra a petición dun pleno extraordinario no Parlamento de Galicia. Celebrarase no inicio do mes de agosto e inclúe a creación dunha comisión de investigación sobre as antigas caixas, que a oposición vén solicitando dende hai case un ano.
O Goberno asegura que "non haberá rescate". Soraya Sáenz de Santamaría di que esa opción "está descartada", malia que a axencia Reuters asegurara este domingo que España xa admite que podería precisar un rescate total por 300.000 millóns de euros.
O PSOE lanza un vídeo baixo o título Sete meses de mentiras e erros que, asegura, "deixa en evidencai o cambio de criterio e a estafa masiva á que están sometendo os cidadáns" as decisións do Goberno central. Estano a difundir en Twitter co hashtag #estafamasiva
A arqueira ferrolá Iria Grandal debuta este mediodía nos Xogos de Londres. Será a primeira dos deportistas galegos que compita na capital británica.
O New York Times xa gana máis directamente grazas aos seus lectores que pola vía da publicidade.